Espacio publicitario
Sementeira

Sementeira

Fuxan os Ventos ·

Sementar, sementarei,
loguiño de crarear,
en tanto no pobo medre
un meniño, un vello e un cantar.

Un meniño rebuldeiro
que fala na lingua nai,
que suba os pexegueiros
a froita verde a roubar.

Sementar, sementarei....

Un vello que de consellos,
un rostro de fume e pan,
que conte contos os nenos
do cuco e do paspallás.

Sementar, sementarei....

Un cantar de redención,
un vello e novo cantar,
que troque a desolación
nun limpo e claro alborexar.

Sementar, sementarei....

Logo déixame morrer
entre dous regos, queimado,
cando veñan os solpores
dos homes esfameados.

Sementar, sementarei....

Letra con fines educativos · 1 vistas · agregada por admin

Puntuar 'Sementeira'

¿Qué te parece esta canción?

Promedio 0 · 0 votos

+ Fuxan os Ventos

Comentar letra

Comentá o preguntá lo que quieras sobre Fuxan os Ventos o 'Sementeira'.

Sección de comentarios próximamente.

Compartir