Hoxe na Quintana dos mortos, hoxe hai baile de defuntos. Hoxe hai feira na escaleira, temos veleno de primeira. Hoxe pasean os esqueletes e as cores brancas dos cadaleitos, rezan os frades axeonllados e vixía a morte dende os tellados. Na terra dos comentos xa non hai solución, aquí todo se amaña en quince anos de prisión. Se deus está en todas partes está tan cego coma os xuíces. Os cartos medran nos buratos que nos tapiamos nos camposantos. E alí estou eu coa branca palidez do sono eterno que tiven unha vez e hoxe as luces que alumean no mar son os meus medos que andan a navegar. Na terra dos comentos xa non hai solución, aquí todo se amaña en quince anos de prisión.
Letra con fines educativos · 1 vistas · agregada por admin
Música relacionada
Comentar letra
Comentá o preguntá lo que quieras sobre Ruxe-Ruxe o 'A terra dos comentos'.
Sección de comentarios próximamente.